Sunday 08 de September de 2024

Gonzalo Muíños acusa ao bipartito de facer “publicidade enganosa” coa nova localización en Amio para o parque de bombeiros


▪ O portavoz socialista cues0ona que a cifra dos 2,8 millóns de euros para a construción do novo parque que da o goberno é “totalmente irreal” e lembra que non hai acordo asinado e formal para a comarcalización do servizo

▪ Aínda que non se opón ao novo emprazamento pregúntase que pasará agora co edifico de Salgueiriños: “o único que hai polo de agora é un anteproxecto para facer alí unha Casa da Mocidade sen saber que vai pasar coa actual”

Nun “novo anuncio”, en iso se queda para o Grupo Municipal Socialista as declaracións de este luns do goberno local que planea trasladar o parque comarcal de bombeiros ata Amio. Segundo o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, trátase de “publicidade enganosa” comezando polas cifras que se dan para a súa construción: o bipartito cifra o proxecto en 2,8 millóns de euros, para os socialistas, podería chegar aos cinco.

Muíños, a pesar de non opoñerse á nova ubicación, explica que para poder trasladar alí o parque sería precisa a “urbanización da contorna” acometendo incluso, a creación dunha rotonda “para facilitar os accesos e a mobilidade dos camións de bombeiros”. Así, acusa ao bipartito de “enganar á xente” ao afirmar que a actuación non superaría os tres millóns.

Lembra ademais que ata a data non existe acordo formal e asinado co resto das administracións implicadas, Deputación e Xunta, para sufragar esta infraestrutura. Tampouco para a comarcalización do servizo xa que, a pesar das declaracións públicas de boas intencións, desde marzo non se materializou esta cuestión “sobre o papel”.
Aproveita Muíños ademais para reivindicar a posición dos socialistas neste sentido: “nós sempre avogamos pola comarcalización, pero debe vir acompañada dunhas instalacións acordes ás novas necesidades do servizo”.
“A pesar de que durante febreiro e marzo correron ríos de Enta sobre esta cuestión, ao final non existe, que se saiba, ningún papel asinado para unha cousa nin a outra” lamenta Muíños que criEca ademais a decisión do concelleiro responsable, Xan Duro, de “desvincular” a comarcalización da construción das novas instalacións durante a negociación de marzo: precisamente nesa altura o edil de Compostela Aberta evitaba falar da ubicación das novas dependencias toda vez que entendía que eran cuesEóns diferentes.

“Que van facer agora co edificio de Salgueiriños? Outra Casa da Xuventude?”

O portavoz socialista en Raxoi critica ademais que, con este anuncio, non se concrete tampouco o futuro do edificio de Salgueiriños. “O único que hai por agora para ese edificio é un anteproxecto para facer alí unha Casa da Mocidade” lembra Muíños, que se amosa especialmente críEco con esta posibilidade: “teñen un proxecto para unha nova casa da xuventude sen saber que vai pasar coa actual que se segue deteriorando no Matadoiro despois de Erar ao lixo unha subvención provincial de un millón de euros que permitia rehabilitala”.

Outra cuestión que, para os socialistas, debera terse en conta á hora de tomar a decisión final sobre se Amio é a localización axeitada para o parque debera ser o uso que se lle quere dar ao Recinto Feiral: “en algún momento se pararon a pensar en posibles usos para ese enorme espazo mais aló do mercado de gando?”, preguntouse Muíños que, defende, debera terse en conta polos posibles efectos que puidera ter levar o parque de bombeiros alí.

“Urxe o desbloqueo”
Gonzalo Muíños recoñece a urxencia de buscar un acordo, toda vez que avanza a conta atrás para que os bombeiros teñan que abandonar as actuais dependencias -afectadas polas obras de ampliación das oficinas da Xunta en San Caetano-. De feito, amósase tamén crítico coa actitude do goberno galego neste senEdo, ao que acusa de “dilatar”os prazos “por intereses partidistas”: mesmo recoñece que houbo un acordo durante o mandato socialista que foi retrasado pola Xunta pola proximidade das eleccións.

Porén, critica que o único que hai agora é “un anuncio”: “unha idea que, nin ten fondos suficientes, nin acordo con Xunta e Deputación para financialo, non aclara que vai pasar co edificio de Salgueiriños e segue sen concretarse se vai ser comarcal ou non”.